Vostede está en: Inicio > Campañas da Muface > Guía PET-TC da MUFACE: protocolo de prescrición

Guía PET-TC da MUFACE: protocolo de prescrición

No día 22 de setembro de 2011, coa presidencia da secretaria de Estado para a Función Pública, Consuelo Rumí, tivo lugar o acto de presentación da Guía PET-TC, Protocolo de Prescripción da MUFACE, na sede do Instituto Nacional de Administración Pública.

A "Guía PET-TC. Protocolo de prescripción" é unha iniciativa pioneira no seu ámbito, promovida polo Departamento de Prestacións Sanitarias da MUFACE, co obxectivo de establecer, de acordo coa evidencia científica, os criterios de cobertura da tomografía por emisión de positróns con tomografía computadorizada (PET-TC), que é unha técnica non invasiva de diagnóstico que se utiliza en diversos procesos e indicacións oncolóxicas, para que sexa financiada polas entidades de seguro concertadas coa MUFACE para prestar a asistencia sanitaria aos seus mutualistas e beneficiarios. Durante o acto de presentación tivo lugar unha conferencia a cargo do profesor D. José Luís Carreras Delgado, catedrático xefe de Servizo de Medicina Nuclear do hospital clínico San Carlos de Madrid e autoridade nacional e internacional na materia.