Vostede está en: Inicio > MUFACE > Preguntas frecuentes > Baixa de beneficiarios por incompatibilidade (FAQ)

Baixa de beneficiarios por incompatibilidade (FAQ)

MUFACE efectúa de maneira periódica cruzamentos de información dos seus beneficiarios cos afiliados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social e que reciben a asistencia sanitaria por eses réxime.

Esta situación é incompatible con permanecer como beneficiario na MUFACE tal como o establecen os Requisitos de afiliación. Polo tanto, o mutualista debe proceder a dar de baixa os beneficiarios que estean nesta situación no menor tempo posible.

Se como mutualista recibiu unha carta da MUFACE como consecuencia deste proceso debe proceder como se detalla a continuación:

  • Acceda ao servizo de baixa por incompatibilidade na ligazón que aparece ao final da páxina
  • Introducir o número de afiliación da MUFACE no recadro correspondente.
  • No recadro "Código de baixa" introducir o código alfanumérico proporcionado na carta.

 

Acceso ao servizo de baixa de beneficiarios por incompatibilidade