Vostede está en: Inicio > Afiliación > Cotización

Cotización

1. Nocións xerais

A cotización determínase aplicando un tipo fixado anualmente na Lei de orzamentos xerais do Estado á base de cotización, que é igual ao haber regulador que en cada momento estea establecido para os efectos de cotización de dereitos pasivos.
A cota mensual obtense multiplicando a base de cotización anual polo tipo e dividindo o resultado entre 14. Aboarase unha cota dobre nos meses de xuño e decembro.
A cota mensual para 2015, segundo o grupo/subgrupo de funcionarios a que pertenza o mutualista, oscila entre 47,98 € e 19,56 € (art. 104 da Lei 36/2014, de 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2015).

2. Suspensión da cotización

Suspéndese a obriga de cotizar dos afiliados obrigatorios durante:
• O gozo de licenzas por asuntos propios.
• A situación de suspensión firme.
As cotizacións dos mutualistas obrigatorios polos períodos anteriormente sinalados realizaranse desde a data en que se comece de novo a acreditarlles retribucións, descontándose mensualmente, ata a total extinción do débito, unha cota corrente e outra atrasada. No suposto de que desde estas situacións pasen a excedencia voluntaria, ou calquera outra situación ou condición que non comporte a obriga de cotizar, deberán ingresar as cotizacións debidas.

3. Exención da obriga de cotizar

Quedan exentos da obriga de cotizar os mutualistas obrigatorios xubilados calquera que sexa a situación administrativa en que previamente se encontrasen, así como os mutualistas que se encontren en situación de excedencia voluntaria para atender o coidado de fillos ou familiares.

4. Cotizacións á MUFACE – Exercicio 2015

 

Mutualistas obrigatorios (cota mensual)

GRUPO

HABER
REGULADOR (1)

COTA ACTIVO
1,69%

A1

39.747,01

47,98

A2

31.281,91

37,76

B

27.392,38 33,07

C1

24.025,04 29,00

C2

19.007,79 22,95

E

16.205,64 19,56

(1) Para o ano 2015 mantéñense os mesmos haberes reguladores de 2014 incrementados en 0,25 %. 

 

Mutualistas voluntarios e outras situacións especiais (Cotas trimestrais)

GRUPO

HABER
REGULADOR (1)

MUTUALISTAS
VOLUNTARIOS (2)

ACTIVOS E
ASIMILADOS

A1

39.747,01

575,34 167,93

A2

31.281,91

452,81 132,17

B

27.392,38

396,50 115,73

C1

24.025,04 347,76 101,51

C2

19.007,79

275,14 80,31

E

16.205,64

234,58 68,47

(1) Para o ano 2015 mantéñense os mesmos haberes reguladores de 2014 incrementados en 0,25%

(2) TIPO COTIZACION: 5,79%

ACHEGA DO ESTADO 4,10% (Só para os mutualistas voluntarios)

 

GRUPO HABER REGULADOR COTA
A1 39.747,01 116,40
A2 31.281,91 91,61
B 27.392,38 80,22
C1 24.025,04 70,36
C2 19.007,79 55,67
E 16.205,64 47,46

 

  • Art. 104 Lei 36/2014 de 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2015 (BOE 30-12-2014) 

 

4. Mutualistas en situación de servizos especiais

O artigo 9.2 a) do Regulamento xeral do mutualismo administrativo aprobado polo Real decreto 375/2003 de 28 de marzo establece que conservarán a condición de mutualistas en alta obrigatoria, cos mesmos dereitos e obrigas que na situación de servizo activo, os funcionarios cando pasaren a algunha das seguintes situacións: a) Servizos especiais, salvo o disposto no artigo 8.1.c e 3 do Real decreto lexislativo 4/2000, de 23 de xuño polo que se aproba o Texto refundido da lei sobre seguridade social dos funcionarios civís do Estado, referente aos funcionarios que exerciten o dereito de transferencia establecido no Estatuto dos funcionarios das comunidades europeas, e os funcionarios que presten servizos como persoal da Unión Europea e estean acollidos obrigatoriamente ao seu réxime de previsión.

O réxime de cotización destes mutualistas en servizos especiais determínao o artigo 27 do referido regulamento xeral do mutualismo administrativo, mediante 3 sistemas excluíntes:

  • A través das habilitacións ou oficinas pagadoras dos postos de traballo ou cargo efectivo que desempeñen os funcionarios nesta situación administrativa, que son as que teñen que detraer a cota da retribución.
  • No caso de que a estes funcionarios non se lles detraia polo sistema anteriormente indicado, a retención practicarase pola habilitación ou oficina pagadora de orixe con cargo aos correspondentes trienios, se os percibe en contía suficiente.
  • E SÓ NO CASO DE QUE O IMPORTE DA COTIZACIÓN NON POIDA SER DETRAÍDO POLO SISTEMA ANTERIOR, o pagamento da cota realizarase mediante a emisión trimestral de cargos bancarios que nos primeiros días do mes seguinte ao período trimestral que corresponda, serán enviados para a súa cobranza á entidade bancaria que figure no impreso Orde de domiciliación de cargo directo SEPA dentro da sección "Outros Impresos" e que deberá ser cuberto e asinado polo interesado.

5. Mutualistas en situación de excedencia voluntaria que optaren por manter a alta na Muface

Os funcionarios que pasaren á situación de excedencia voluntaria e que de acordo co artigo 10 do Regulamento xeral do mutualismo administrativo aprobado polo Real decreto 375/2003 de 28 de marzo exerzan o dereito de opción para solicitar o mantemento facultativo de alta como mutualistas voluntarios da MUFACE, están obrigados a partir do feito causante, a cotizaren mentres estiveren nesta situación de alta voluntaria.

A cota que deben aboar incluirá a cotización correspondente ao mutualista en función do grupo a que pertenza e a contribución do Estado . Ambas as contías serán fixadas anualmente de acordo coa Lei de orzamentos xerais do Estado.

O réxime de cotización a que están sometidos estes mutualistas é o regulado no artigo 28 e seguintes do referido regulamento xeral do mutualismo, consistente na emisión trimestral de cargos bancarios que nos primeiros días do mes seguinte ao período trimestral que corresponda, serán enviados para a súa cobranza á entidade bancaria que figure no impreso Orde de domiciliación de cargo directo SEPA dentro da sección "Outros Impresos" e que deberá ser cuberto e asinado polo interesado.