Podo solicitar un talonario de receitas pola internet?
- Si, a través da nosa Sede electrónica.
- Existen tres modalidades de acceso
-
Con certificado electrónico recoñecido ou DNIe
- Non require rexistro previo.
- Permite elixir en que enderezo se recibe o talonario de receitas.
-
Con rexistro previo
- Debe rexistrarse previamente
- Neste rexistro debe achegar a información de afiliación á MUFACE. Recomendámoslle que teña a súa tarxeta de afiliación a man durante o proceso.
- O usuario será o número de DNI/NIE/pasaporte do titular da MUFACE
- Permite elixir en que enderezo se recibe o talonario de receitas.
-
Sen certificado electrónico nin rexistro previo
- Identificarase co número de DNI/NIE/pasaporte e o código postal de residencia do titular da MUFACE.
- NON permite elixir en que enderezo se recibe o talonario de receitas.
- Enviarase ao enderezo de contacto que apareza na base de datos da MUFACE.
- Se non coñece este enderezo, ou desexa cambialo, pode facelo accedendo á sede con algún dos dous accesos anteriores, contactando connosco por télefono, ou acudindo en persoa a unha oficina da MUFACE.
- Unha vez accedese á sede, verá unha pantalla como a seguinte.

*Dependendo do tipo de acceso, o número de opcións do menú esquerdo pode variar.
Pode ver no menú esquerdo, na sección "Petición de documentos", a opción "Talonarios de receitas". Prema para pedir o talonario.
Como podo pedir un talonario de receitas por outros medios?
A) novos talonarios de receitas nos que se suprimiu a folla de solicitude do talonario
- Persoalmente, en calquera oficina da MUFACE, presentando o seu documento de afiliación ou o documento nacional de identidade. Se a persoa que vai solicitar o talonario non é o titular, aquela deberá levar, ademais unha autorización do titular onde consten os datos deste e da persoa autorizada (nome, apelidos e número de DNI), así como o número do último talonario, segundo recolle o MODELO de impreso solicitude que pode descargar da páxina web.
- Remitindo á súa oficina da MUFACE por correo, fax ou correo electrónico o MODELO de impreso que poderá descargarse da páxina web ou, no seu defecto, enviando un escrito de petición á devandita oficina, onde faga constar os datos correspondentes (nome e apelidos, núm. de afiliación, obxecto da solicitude, núm. do talonario anterior ou da súa última receita) e data e sinatura.
B) talonarios nos que figura na contraportada a petición R-4
- Persoalmente, en calquera oficina da MUFACE, presentando o seu documento de afiliación ou o documento nacional de identidade e o impreso R-4 que aparece na contraportada do seu talonario actual. Se a persoa que vai solicitar o talonario non é o titular e non leva o impreso R-4, deberá levar, ademais, unha autorización do titular onde consten o seu nome e apelidos, núm. de afiliación, obxecto da solicitude, núm. do talonario anterior ou da súa última receita, datos da persoa autorizada (nome, apelidos e número de DNI) e data e sinatura.
- Remitindo á súa oficina da MUFACE por correo, fax ou correo electrónico, o impreso R-4 que aparece na contraportada do seu talonario actual.
Podo solicitar máis dun talonario?
Só no caso de familias numerosas ou enfermidades crónicas, e debe achegar o informe médico. Nestes casos poderanse entregar dous talonarios.
Quero solicitar un talonario de receitas, pero estou desprazado fóra do meu domicilio habitual. Pódenmo enviar a outro enderezo?
Pola internet, se accede á nosa Sede electrónica co seu DNIe ou certificado electrónico recoñecido, ou, está dado de alta con usuario e contrasinal, ao facer a petición pode modificar os datos que aparecen en pantalla. Este cambio é PUNTUAL e non se reflicte nos datos que figuran na base de datos da MUFACE nin serve para futuros envíos.
Tamén pode solicitalo na oficina da MUFACE enviando por correo, fax ou correo electrónico o MODELO de solicitude que figura na páxina web ou o impreso R-4, documento onde pode comunicar calquera cambio no domicilio de envío.
Máis información sobre dispensación con receita en oficina de farmacia.
Volver